Chegou o día das bibliotecas escolares e como estamos a traballar o mar, este ano o peixiño morado invitounos a biblioteca para contar o conto de " CONRADO O TIBURÓN DESDENTADO".
Despois de presentarse a clase como un grande experto en vieiras, ensinounos cono nadan, que é o que comen, onde viven, e como se cultivan.
Usamos o metro para comprobar que realmente mide entre 10-14 cm. Gustounos moito ver un video do cultivo da vieira.
Os deixamos desfrutar de dous momentos da súa exposición.
ELIA: EXPERTA EN MANTA RAIA Tivemos unha experta en manta raia que nos amosou a estratexia deste peixe para camuflarse no mar, tamén que poden agocharse na area e que poden ter dúas crías.
O que máis nos sorprendeu da súa exposición foi averiguar que a manta raia é tan longa como a nosa aula.Alucinamos cos videos da manta raia voando por riba da auga e facendo volteretas.É unha grande nadadora. Podedes ollar un momentiño da súa exposición.
BRAIS: EXPERTO EN TORTUGAS MARINAS
Descubrimos que poden vivir ata 200 anos e que son moi intelixentes, porque as hembras volven a praia na que naceron a por os seus ovos.
Son máis pequenas que unha manta raia , pero mais grandes que as vieiras. De un bocado poden partir unha sandía.
Podedes pinchar no video e saber algunhas outras cousas.
Este verán foi moi intenso. Tiñamos tantas cousas para contar que fivemos grandes exposición das nosas experiencias. Levamos traballo en decorar, pegar, resumir e escribir , pero desfrutamos moito contandoo. Ollade como nos quedou o muro das vacacións.