CROCOS LARANXAS

O día a días dos crocos laranxas no primeiro trimestre estivo cargado de emocións e xogos.

















INSTALACIÓNS ARTÍSTICAS NO MONTE ALBA

Este trimestre imos traballar "as instalacións", obras artísticas nas que os nenos e nenas poden cambiar e transformar coa súa actuación, é dicir, o concepto da arte viva..Por iso imos propor diferentes instalación o longo deste trimestre... 

Comezamos cunha  recreación da instalación de Javier Abad, e introducimos elementos que poidan xerar vento...  E así  foi como o pasaron Os leóns.


Despois viron os Caracois e interactuaron de forma diferente, 

Para finalizar a nosa instalación chegaron os Crocos Verdes e os Crocos Laranxas








A CLASE DOS LEÓNS

 PRESENTA:

"ANDRÉ"

O PROTAGONISTA DA SEMANA

 DO 7-11 DECEMBRO 1015



A MAMÁ DE ANDRÉ VEU Á CLASE PARA NOS FALAR DEL. 

ENTRE OS DOUS, CONTARONNOS MOITAS COUSAS DE ANDRÉ. PRESENTOUNOS A FAMILIA O PAPÁ, FINO, A MAMÁ, INMA, A IRMÁ, CARME, QUE É MAIS PEQUENA, AVO E AVOAS, TIOS E CURMÁNS.

TAMEN SOUPEMOS QUE A ANDRÉ LLE ENCANTA, DENDE QUE ERA UN BEBÉ, BAÑARSE E XOGAR COA AUGA. QUE FELIZ SE VÍA NA PISCINA! OBSERVAMOS COMO MEDRABA E CAMBIABA ANO A ANO. DESCUBRIMOS QUE ANDRÉ FOI A GALIÑA AZUL E AlÍ COÑECEU ALGÚNS LEÓNS. 

A ANDRÉ ENCÁNTALLE COCIÑAR E  FAINO COA AVOA CARME, COA QUE ESTÁ MOITAS VECES. TAMÉN LLE GUSTA DISFRAZARSE, A COR AZUL, (BLUE), E OS CONTOS DE PIRATAS. A COMIDA PREFERIDA DE ANDRÉ É O ARROZ CON CARNE. UMMM QUE RICO!

ANDRÉ CONTOUNOS MOITAS COUSAS PORQUE SE COÑECE MOI BEN. A SÚA MAMÁ AXUDOUNO CON AGARIMO E PACIENCIA. 

GRAZAS MAMÁ POR COMPARTIR ESTE TEMPIÑO CONNOSCO.
AGORA COÑECEMOS UN CHISQUIÑO MELLOR O NOSO AMIGO!

AS NOSAS INSTALACIÓNS

Xa  comezamos  co  noso  novo  proxecto : AS  INSTALACIÓNS.


A arte é sen dúbida un factor esencial na educación de todo ser humano e, por iso, é importante que os nenos/as estean en contacto con este mundo desde as idades máis temperás, como espazo de xogo e construcción de aprendizaxes.
Os nenos/as  forman parte da obra nese preciso momento e é por iso polo que cada instalación é única e depende da persoa que interaccione con ela. Así se compre o que nos di Lemarroy, (2004)"A instalación non se volve unha obra de arte completa ata que o espectador toma parte de ela".

 


Se  queredes  saber  máis información  , aqui  tedes  un  enlace  moi  interasante:

http://www.oei.es/educacionartistica/primerainfancia/experimentacion.php