Nesta saída educativa os caracois transformáronse en pequenos mariñeiros/as e internaranse no particular mundo da cultura tradicional mariñeira de Galicia.
Viviron unha experiencia que lles permitiu coñecer e practicar as actividades que realizaban os vellos mariñeiros galegos (pescar con cana e con arpón ).Vimos dentes e esqueletos de baleas, latiñas de conservas, e unha replica dun barco de vela.
Ademáis, visitamos o acuario onde descubrimos algúns dos segredos que gardan os peixes (vimos ovos de tiburón ) e outros seres mariños ( raias, caracois de mar ,tiburón, langosta, cangrexo...) que alí viven.
Ollade o ben que o pasamos e animádevos a visitar o Museo do Mar.
Digital scrapbook customized with Smilebox |