Este é o nome da saída educativa que fixemos o MUSEO DO MAR.
Nela contáronnos características dos tiburóns:
-- tódolos días nacenlles dentes novos.
-- teñen tamaños moi diferentes ( 3m, 8m, 15m...)
-- atacan a surfistas porque os confunden con peixes...
Tamén tocamos e vimos: dentes e pel de tiburón, ovos de raia, cabaliños de mar, peixes pipa...
Subimos o Faro e percorrimos o acuario onde vimos as novas peceiras e contáronnos a historia de Jasón, o tiburón desdentado.
Se queredes saber máis, podedes visitar o Museo. PASARÉDELO MOI BEN.