Sabemos que ver un tiburón da moito medo, pero despois de velos seus dentes, o longo que pode ser e que é un gran depredador, pois moito máis.
Xian amosounos con este mural cales son as partes do tiburón, pero nós tamén fixemos moitas preguntas:
-- porque nada tan rápido un tiburón?
-- vive en augas templadas ?
-- nas Illas Cíes hai tiburóns?
-- cómo se camufla?...
O noso experto respondeu a todo e senón botade unha ollada a este videos.
NICOLÁS: EXPERTO EN MEDUSAS
O primeiro é vestirse moi elegante para falar do teu animal mariño. É logo ter un libro moi especial que amosa nun desplegablemoita información que soamente o experto sabe.
As medusas non viven soas no mar e Nicolás ensinounos algúns amigos que pode ter.Ainda que teñen tentáculos venenosos, pode matar animais ou paralizar algunha parte do seu corpo.
Viven en augas templadas, son case todo auga, pódense comer e xa vivían cos dinosaurios.
Agora mirade estos videos e saberedes outras cousas.
GLORIA: EXPERTA EN GAIVOTAS
Se vas comer ten moito coidado con elas, pois Gloria dixo que son un pouco laroas e poden roubarche a comida.
Viven nas costas, e nada mellor que un mapa para localizar que hai moita costa no mundo.
Tiñamos moita curiosidade por saber:
-- como pescan o pescado.
-- porque cagan mentras voan.
-- como lle quitan a espiña ao pescado, antes de comelo.
-- que dicen cando falan.
-- porque andan preto dos barcos...
Algunhas cousas as sabía e outras buscamos en internet. Aqui tedes unha mostra do que nos contou.