CARLA: EXPERTA EN POLBOS
Estábamos esperando moi ansiosos esta experta, pois tiña un mural que non nós deixou ver ata a súa exposición.
Tiñamos xa unha idea de como era un polbo, pois temos un moi pretiño da porta da nosa aula.
Pero sorprendeunos saber que
o polbo é moi listo: pode abrir frascos, escapar por pequeñas tuberías ...é todo iso debido a que ten tres cerebros.
Carla amosunos o seu mural e contounos máis cousas sobre o fondo do mar, ollade os videos.
UXIA: EXPERTA EN CABALIÑOS DE MAR
Tocounos saber cousas dun dos habitantes de mar máis pequeniño: 1cm , costounos atopar ese número na nosa cinta métrica.
Averiguamos que é o macho quen incuba os ovos,e que usan a cola para suxeitarse os corais ou algas.
Necesitan un auga moi limpa para vivir e augas templadas.
Se tedes curiosidade Uxia vaivos contar outras cousiñas e tamén deixaravos cunha incógnita...
LEO: EXPERTO EN TIBURÓN BALEA
A última exposición era moi esperada,por fin coñeceríamos o peixe máis grande do mundo. Sorprendeunos a súa enorme boca e tamén saber que come peixes pequenos como as sardiñas, algún crustáceo e kril.
Vimos tódals follas desta enciclopedia mariña, atopamos polvos, medusas, animais peláxicos, tiburóns, orcas...
Serviunos para facer un resumo de tódolos animais que investigáramos.
Ollando videos en internet descubrimos que o tiburón balea non é perigoso para os homes, pois non soe atacalos.E máis cousas que vós conta Leo.