Sabemos que ver un tiburón da moito medo, pero despois de velos seus dentes, o longo que pode ser e que é un gran depredador, pois moito máis.
Xian amosounos con este mural cales son as partes do tiburón, pero nós tamén fixemos moitas preguntas:
-- porque nada tan rápido un tiburón?
-- vive en augas templadas ?
-- nas Illas Cíes hai tiburóns?
-- cómo se camufla?...
O noso experto respondeu a todo e senón botade unha ollada a este videos.
NICOLÁS: EXPERTO EN MEDUSAS
O primeiro é vestirse moi elegante para falar do teu animal mariño. É logo ter un libro moi especial que amosa nun desplegablemoita información que soamente o experto sabe.
Viven en augas templadas, son case todo auga, pódense comer e xa vivían cos dinosaurios.
Agora mirade estos videos e saberedes outras cousas.
GLORIA: EXPERTA EN GAIVOTAS
Se vas comer ten moito coidado con elas, pois Gloria dixo que son un pouco laroas e poden roubarche a comida.
Viven nas costas, e nada mellor que un mapa para localizar que hai moita costa no mundo.
Tiñamos moita curiosidade por saber:
-- como pescan o pescado.
-- porque cagan mentras voan.
-- como lle quitan a espiña ao pescado, antes de comelo.
-- que dicen cando falan.
-- porque andan preto dos barcos...
Algunhas cousas as sabía e outras buscamos en internet. Aqui tedes unha mostra do que nos contou.