EXPERTOS EN ANIMAIS MARIÑOS 7


         CARLA: EXPERTA EN POLBOS

Estábamos  esperando  moi  ansiosos esta  experta, pois tiña  un  mural  que  non  nós  deixou  ver  ata  a súa  exposición.

Tiñamos  xa  unha  idea  de  como  era  un  polbo, pois  temos  un  moi  pretiño  da  porta  da  nosa  aula.








Pero  sorprendeunos  saber  que 
 o  polbo  é  moi  listo: pode  abrir   frascos, escapar por  pequeñas   tuberías ...é  todo iso  debido   a  que  ten  tres  cerebros.


Carla  amosunos  o  seu  mural  e  contounos  máis  cousas sobre o  fondo  do  mar, ollade  os  videos.
 
 
                  


       UXIA: EXPERTA EN CABALIÑOS DE MAR

Tocounos  saber  cousas dun  dos  habitantes  de  mar  máis  pequeniño: 1cm , costounos atopar  ese número  na  nosa  cinta  métrica.

 
Averiguamos  que  é  o  macho  quen  incuba  os  ovos,e  que  usan  a cola  para suxeitarse  os  corais  ou  algas.
Necesitan  un  auga  moi  limpa  para  vivir  e  augas  templadas.
















Se  tedes  curiosidade   Uxia  vaivos  contar  outras  cousiñas e  tamén  deixaravos  cunha  incógnita...


                   



                LEO: EXPERTO EN TIBURÓN BALEA

A última  exposición  era  moi  esperada,por  fin  coñeceríamos  o  peixe  máis  grande  do  mundo. Sorprendeunos  a súa  enorme  boca e  tamén  saber  que  come  peixes  pequenos como  as  sardiñas, algún  crustáceo  e  kril.



Vimos  tódals  follas  desta  enciclopedia  mariña, atopamos  polvos, medusas, animais  peláxicos, tiburóns, orcas...
Serviunos  para  facer  un  resumo de  tódolos  animais que  investigáramos.
Ollando  videos  en internet descubrimos  que  o  tiburón  balea  non é  perigoso  para  os  homes, pois  non  soe  atacalos.E  máis  cousas que  vós  conta  Leo.